Hace 3 meses | Por Pixmac a g24.gal
Publicado hace 3 meses por Pixmac a g24.gal

“AGalega é moito máis”. Este é o slogan co que nace a plataforma dixital de contidos audiovisuais da CRTVG: AGalega. AGalega incorpora máis de 1.400 contidos audiovisuais que están xa a disposición da audiencia, a demanda, e cun abano de títulos que abarca desde as series e programas míticos da TVG ata espazos nativos dixitais desenvolvidos exclusivamente para a plataforma. Á AGalega pode accederse vía web a través de www.agalega.gal, e tamén pode descargarse AGalega (escrito sen espazos) desde Google Play e App Store. En febreiro estará dispoñible nas televisións intelixentes, en Fire TV, LG e Samsung.

Comentarios

P

Xa está para Android TV pero non vai moi fina. Nótase que é nova. Hai que darlle tempo para que mellore.

swapdisk

Nada, se non podo ver Magnum e Dr. Slump non me interesa.

Cuñado

Agora, cun 20% máis de manipulación informativa.

r

Lo he probado, me parece un poco cutre y desorganizado.

También instalé la app de Xabarín para comparar catálogos, y noté que ninguna de las (pocas) series de Xabarín aparece en Agalega.

Igual lo arreglan más tarde, pero de momento me parece muy cutre.

P

Aparte de ter fotos máis grandes, non entendo por que teñen que crear unha nova plataforma tendo xa a propia da CRTVG.