Madonna confirmou nas súas redes sociais que conserva a camiseta do Celta que levou no concerto de Balaídos de 1990. O club pedíralle axuda cun chío: «Unha mensaxe musical para ti… A paixón da túa música co corazón do noso club. Axúdasnos? Téla?». A artista respondeu: «Esta camiseta forma parte da miña historia! Lévoa e represento o voso equipo de espírito». A 'raíña do pop' tamén compartiu nas súas redes o vídeo da actuación da orquestra folk Sondeseu versionando «Like a Prayer» na previa do Celta-Real Madrid. [GL en todo o sub]