Hace 10 días | Por Pixmac a vigoalminuto.com
Publicado hace 10 días por Pixmac a vigoalminuto.com

A privatización da teleasistencia municipal en Vigo é un feito“. Esta é a denuncia de varios veciños que apuntan a distintos casos neste sentido.
No verán de 2023 Xulia e a súa nai, Olga, foron aos servizos sociais do Concello de Vigo. Tras a recompilación e entrega da documentación requirida só faltaba a visita da traballadora social. A sorpresa foi que alí non apareceu funcionaria do concello ningunha. A traballadora social, como ela mesma explicou, pertencía ao cadro de persoal dunha empresa privada e xusto estreaba esta tarefa.