Hace 4 años | Por ewok a academia.gal
Publicado hace 4 años por ewok a academia.gal

A Real Academia Galega acordou pospoñer o pleno extraordinario e público do Día das Letras Galegas dedicado a Ricardo Carballo Calero (Ferrol, 1910 – Santiago de Compostela, 1990) ante a situación provocada pola pandemia da COVID-19. A sesión mantense no lugar previsto, o teatro Jofre de Ferrol, pero trasladarase do domingo 17 de maio ao sábado 31 de outubro, xusto un día despois do 110 aniversario do nacemento do homenaxeado. De igual xeito, os demais actos presenciais que a institución (...)