Hace 9 años | Por Lilithienta a amesa.gal
Publicado hace 9 años por Lilithienta a amesa.gal

A nai da rapaza afectada contactou coa Mesa pola Normalización Lingüística, a través da Liña do Galego, para denunciar a situación que tivo que vivir a súa filla de dez anos. Segundo relatou a súa nai, este verán decidiu matricular a súa filla nos Campamentos de verán que organiza o Centro Hípico Casas Novas de Arteixo. A nena queixouse desde o primeiro día de que a facían sentir mal por falar galego, preguntándolle constantemente de onde era e por que falaba galego… mais esta presión inicial foi a máis por parte das propias monitoras.

Comentarios