Onte fun á beira do mar,
fun onte alí onde ti ías bailar,
baila, e ben, miña fermosa,
coma a onda chega, lega e xeitosa.
--
Na area na beira pretiña do mar,
chegou a onda do teu bañar,
o seu debuxo lembraba unha rosa,
trazada por man, tenra e garimosa.
--
Nunca canso de ver coma xiras,
a area é o teu lenzo e o mar aínda non miras,
os teus pés trazan hoxe un novo debuxo,
que faime sentir coma se fose un embruxo.
--
A sombra da túa figura,
na area cando ti fas xestura,
xemela do teu sentir,
que aínda sei que non me vai ferir.
--
Eu quixera atopárme alí,
no lugar onde ti bailaches pra min.
Desexo imposíbel que borra a marea,
e todo o que fomos... nin fica na area.